xoves, 17 de decembro de 2020

Chegando o fin...

Ola cativada e familias:

Hoxe traémosvos o noso e-portfolio interactivo, onde clicando en cada sesión apareceravos unha imaxe de cada unha delas, así mesmo,  a imaxe de cada animaliño dirixiravos ao post correspondente no blog.

No centro do póster podedes visualizar a nosa nube de palabras, que son aquelas que traballamos ao longo deste trimestre.

A maiores o código QR da esquina da nosa dereita, levaravos a todos os enlaces das actividades realizadas durante este primeiro tramo de curso; vídeos, contos.. só tedes que escanealo!

Para rematar, tedes un Kahoot, que é un xogo interactivo, no cal vos poñemos a proba sobre os traballos levados a cabo no curso... para acertar o maior número de respostas animámosvos a que vexades antes as actividades expostas no e-portafolio.


Esperemos que vos guste moito e que desfrutedes olleando as actividades, tanto como nós desfrutamos, tanto no proceso, como na realización delas.


Para acceder a el,  só tedes que clicar na  seguinte imaxe.


Un saúdo e apertas

As mestras de Educación Infantil


venres, 27 de novembro de 2020

Iniciámonos na programación

Bos días nenos e nenas, familias e docentes:

Hoxe traémosvos unha proposta de aprendizaxe baseada na robótica, neste caso a actividade ímola a levar a cabo mediante Bee-Bot.


Os obxectivos que queremos acadar con esta actividade son:


  • Recoñecer os diferentes animais que viven no Courel.

  • Diferenciar os diversos conceptos relacionados coa lateralidade:  ‘dereita’, ‘esquerda’, ‘adiante’ e ‘atrás’.

  • Iniciar o alumnado no uso da programación robótica educativa.


Asemade os contidos que traballaremos a través desta actividade de Robótica son:


  • Recoñecemento dos diferentes animais que viven no Courel.

  • Diferenciación dos diversos conceptos relacionados coa lateralidade: ‘dereito’, ‘esquerdo’, ‘adiante, e ‘atrás’.

  • Iniciación do alumnado no uso da programación robótica educativa.


A metodoloxía que imos traballar mediante este recurso, será unha metodoloxía activa e participativa entre todos os nenos e nenas da aula de catro e cinco anos, onde traballaremos conxuntamente esta Unidade Didáctica, segundo o Decreto 330/2009 do 4 de xuño. 


A realización desta actividade será levada a cabo da seguinte maneira:


Comezaremos cunha asemblea na que lles introduciremos o concepto de robótica, preguntarémoslle se coñecen este recurso, e en que consiste. Unha vez realizada a parte da introdución, ensinarémoslle o noso robot, Beet-Bot, e explicarémoslles a actividade que imos a levar a cabo con el. Esta consiste en crear un percorrido, cunhas tarxetas que sacaremos ao azar, nas cales aparecen diversidade de animais, entre eles, os que habitan no Courel. Os nenos e nenas, deberán programar este Beet-Bot, establecendo o percorrido correcto, o cal só poderá ser no que aparecen os animais da Serra do Courel, para chegar a meta, onde alí lles esperará a mascota da aula, o oso Amoroso.


Levaremos a cabo varios percorridos para que haxa unha gran diversidade onde todos os nenos e nenas poidan participar, facendo eles e elas mesmas o seu propio camiño.



Segundo se recolle no Decreto 330/2009 do 4 de xuño levaremos a cabo unha observación directa e sistemática que constituirá a técnica principal do proceso de avaliación. Nesta actividade utilizaremos como instrumento de avaliación, a observación e o diario de aula, no cal teremos en conta estes criterios de avaliación:


  • Recoñece os diferentes animais que viven no Courel.

  • Diferencia os diversos conceptos relacionados coa lateralidade, ’dereita’, ‘esquerda’, ‘adiante’ e ‘atrás’.

  • Levouse a cabo con éxito a utilización do Beet-Bot na actividade proposta.


Por último queremos comentar que este recurso parécenos moi axeitado para traballar os obxectivos citados anteriormente, pois ao ser unha novidade na aula, os nenos e nenas séntense estimulados para a participación debido á forma en que se traballan os conceptos, neste caso de forma lúdica, introducíndoos na programación mediante a robótica educativa. Asemade fomenta o pensamento lóxico, a colaboración entre o alumnado e a resolución de problemas.

Esperamos que vós gustara moito esta actividade. Podedes deixarnos nos comentarios consellos e propostas sobre este tema.


Vémonos prontiño!!!!


As mestras de Educación Infantil




xoves, 26 de novembro de 2020

Busqueda do Tesouro mediante a Realidade Aumentada

Bos días nenos, nenas e familias

Hoxe imos facer unha actividade moi divertida, onde veremos animais na realidade aumentada. 

 

Sabedes o que é a realidade aumentada? Tratase de unha tecnoloxía que permítenos visualizar elementos do mundo real combinados con elementos virtuais xerados por unha tablet, e estes elementos vense en 3D.  

 

Para que os pequenos e pequenas o entendades é poder sentar na mesa a comer con nós a Patrulla Canina ou os osos de We Bare Bears. 

 

Os obxectivos que levaremos a cabo mediante a Realidade Aumentada son os seguintes: 

 

  • Utilizar os códigos QR como adquisición de novos aprendizaxes. 
  • Mostrar interese polo coñecemento dos animais do Courel. 
  • Recoñecer que animais viven no Courel mediante os códigos QR. 
  • Identificar os animais que non viven no Courel mediante os códigos QR. 

 

Así mesmo, os contidos que realizaremos mediante esta Realidade Aumentada  son os seguintes: 

  • Utilización de códigos QR como adquisición de novos aprendizaxes e coñecementos. 
  • Interese polo coñecemento do hábitat do Courel. 
  • Recoñecemento dos animais que habitan no Courel mediante os códigos QR.
  • Identificación dos animais que non viven no Courel mediante os códigos QR.

Para o desenvolvemento desta actividade, faremos unha búsqueda do tesouro sobre os animais do Courel. 

 

Previamente, as mestras de Educación Infantil agocharemos as tarxetas dos animais polo centro educativo. Estas tarxetas estarán agrupadas en 3 animais, onde os nenos e nenas deberán escanealos ca tablet e apareceralle un animal na realidade aumentada grazas aos recursos de Google 3D, cunha licenza de Recoñecemento (by).


Destes tres animais deberán escoller unicamente o animal que habita no Courel, facendo así unha selección dos animais traballados previamente na aula. 


Unha vez escollidos os animais que pensan que viven no Courel, voltarán a aula, e escanearannos, para poñer en común se todos os animais que escolleron viven no Courel ou se enganaron nalgún.

 

Unha vez realizada estas actividades mediante a asemblea faremos unha avaliación conxunta para observar se lles gustou a actividade, e se escolleron todos os animais do Courel, e no caso de ter dubidas, reforzaremos estes animais.

 

Familias, se queredes voltar a realizar esta actividade na vosa casa, deixámosvos as cartas destes animaliños, onde pulsando na imaxe dirixiravos ao arquivo onde podedes imprimilo.



Deixámosvos unhas fotiños para que vexades como queda






Un biquiño e apertas!


As mestras de Educación Infantil





 

mércores, 25 de novembro de 2020

25 de Novembro.

Hola nenas, nenos e familia

Hoxe querémosvos mandar unha mensaxe os maiores da casa, por iso deixámosvos un vídeo de YouTube da canle "rojoynegro cgt" sobre o Día Internacional Contra as Violencias 
Machistas.

E coa cativada traballaremos na aula o conto de Arturo e Clementina, un conto no que inculca a igualdade e a coeducación, moi importante dende a etapa educativa máis pequena.

Deixámosvos un vídeo de Maricarmen Álvarez, contando este contiño, por se o queredes volver a ver



Non olvidemos que os nenos e nenas, aprenden por imitación.


Un saúdo e apertas

As mestras de Educación Infantil

venres, 20 de novembro de 2020

Día Internacional dos Dereitos dos nenos e das nenas

Bos días nenos, nenas e familias!

Sabedes que se celebra hoxe?

Hoxe 20 de novembro celébrase o Día Internacional dos Dereitos dos nenos e das nenas. 

Para celebrar este gran día deixámosvos este vídeo que estivemos traballando na aula ca cativada.



Un bico enorme e apertas

As mestras de Educación Infantil

xoves, 19 de novembro de 2020

Chega o Nadal ó Courel

Bos días nenos, nenas e familias

Hoxe traémosvos outro recurso feito polas mestras. Acordádesvos do que vimos o anterior día?......O Stop Motion! Vedes como vos acordades, non dubidábamos de vós!

Pois para recordar os animaliños traballados durante este curso no cole e mediante este blog, traémosvos un contiño destes animaliños do Courel, de que tratará?

Agora o descubriredes pulsando no contiño que vos levará a unha historia chea de maxia con sabor a Nadal.


Familias, neste documento podedes ver a preparación previa que realizamos para este conto, así como os obxectivos e contidos que queremos levar a cabo a partir del.

Para unha mellor visualización pulsade na imaxe.



A realización deste recurso na aula, será a seguinte:

Primeiro proxectaremos o conto na Pizzarra Dixital Interactiva, onde a delegada ou delegado dese día, da clase, daralle ao botón de narración do conto, para poder escoitala mentres o vemos. Outro neno ou nena, neste caso, a axudante ou o axudante do delegado/a, pasará as páxinas do conto.

Unha vez rematado de escoitalo, traballaremos os contidos, mediante a asemblea na cal lles faremos preguntas sobre se a eles ou elas lles gustan as TICs, cales son as que máis usan, para que e como deberíamos utilizalas. Por outra banda, intentaremos sacar unha reflexión común acerca doutras maneiras de desfrutar do ocio e tempo libre sen necesidade das TIC’S.

Ao día seguinte, traballaremos o uso axeitado das novas tecnoloxías e do tempo que lle dedicamos e deberíamos dedicar mediante un mural que faremos de forma conxunta para ter na aula e poder visualizala sempre que o precisemos ou lles apeteza.

Por último, realizaremos conxuntamente toda a aula un tríptico no cal eles e elas debuxarán unhas instrucións sobre o uso axeitado das tecnoloxías, apoiado con enunciado que escribiremos as mestras, e cun apartado de preguntas que foron xurdindo na asemblea, para que llas poidan facer ás súas familias e que así esta aprendizaxe sexa para todos e todas, e non queden só na aula. se é máis divertido interactuar coas TICs ou xogar cos nosos amiguiños e amiguiñas, preguntándolle ao alumnado que lles pareceu, se é mellor estar vendo vídeos na tablet en vez de xogar cos compañeiros e compañeiras.

Por último, este libro, será adquirido en formato conto, grazas a aplicación que nos da esta opción, onde estará exposto no recuncho da biblioteca na aula.


Biquiños e apertas

As mestras de Infantil



xoves, 12 de novembro de 2020

Stop Motion

 Bos días nenos, nenas e familia!

 Hoxe traémosvos un Stop Motion, un pequeno vídeo realizado polas mestras de infantil, e a que non sabedes como o fixemos? Pois quitando moitísimas fotos e despois, ao xuntalas todas, cóntanos unha historia, unha pasada!! non vos parece?




Para este Stop Motion que imos a realizar, traballaremos a área do coñecemento do contorno, que se recolle no Decreto 330/2009 do 4 xuño,  onde traballaremos o bloque temático sobre o achegamento á natureza, achegándonos así ao descubrimento da natureza do Courel e os seus animais, onde podemos observar as diferentes estacións do Courel e o seus animais.


Os obxectivos que levaremos a cabo con este Stop Motion son os seguintes:


  • Observar a contorna de forma activa mostrando interpretación sobre algunhas situacións e feitos significativos.

  • Explorar de forma activa o seu contorno xerando interpretación sobre algunhas situacións e feitos significativos

  • Mostrar interese polo coñecemento da contorna.


Así mesmo, os contidos que realizaremos mediante este Stop Motion son os seguintes:

  • Observación da contorna activa mostrando interpretación sobre algunhas situacións e feitos significativos.

  • Exploración de forma activa o seu contorno xerando interpretación sobre algunhas situacións e feitos significativos

  • Interese polo coñecemento da contorna.


As preguntas que nos plantexamos nenos e nenas, antes de ver o Stop Motion, son as seguintes:

  • En que estación podemos atopar ás bolboretas? 

  • Os osos teñen nai?

  • En que estación caen as follas?

  • Por onde se moven as toupas?

  • Sabedes en que estación neva?




E agora despois de ver este vídeo sobre o Stop Motion do Courel, deixámosvos esta pregunta final:


  • Actualmente estará o oso do Courel invernando coa súa nai?



Un saúdo e apertas

As profes de Educación Infantil