xoves, 8 de outubro de 2020

Sabedes que son as tecnoloxías?

Bos días, xa estamos aquí novamente.

Hoxe falarémosvos das tecnoloxías. Para vós que son?

Seguramente estedes pensando en ordenadores, móbiles, tablets….pero é mais que iso, xa que se usamos a domótica na casa, poderemos subir e baixar as persianas automaticamente ou nas cámaras de seguridade.

Se tecleades no navegador a palabra tecnoloxía atopas miles de definicións, pero nos ímosvos a contar a nosa. Para nós a tecnoloxía é un conxunto de coñecementos e habilidades co obxectivo de crear un servizo para solucionar unha necesidade ou un problema. Como vedes, as tecnoloxías non é só ter un ordenador ou tablet, senón ter un fin para un problema ou unha necesidade.

Na nosa carreira como docentes, as tecnoloxías, ocúpannos un lugar moi amplo no noso día a día, xa que actualmente témolas nas aulas de Educación Infantil. Neste centro, contamos cun encerado dixital interactiva en cada aula, onde con ela podemos realizar xogos interactivos, ademais de ver vídeos, imaxes, e pintar nela.

No centro, contamos ademais, cunha aula de robótica, que é compartida con todos os cursos de Educación Infantil e Primaria. Nela contamos con  Beet-Bot, o robot abella, onde mediante este robot poderemos traballar a lecto-escritura, a lóxico – matemática, contidos do coñecemento do medio e a identidade e autonomía persoal.

Para rematar, a mestra Cris, Elena e Noe, queremos destacar que a tecnoloxía en Infantil é nos moi útil no día a día, xa que sen ela, non poderíamos realizar certas actividades, ou no caso de poder realizalas, non serían tan atractivas. Temos que contar, que no século XXI, case todo está tecnoloxicamente conectado, por iso, entendemos que as tecnoloxías deben estar presentes na etapa educativa.

Esperamos que o concepto de tecnoloxía vos quedara máis claro!

Vémonos na aula!

Bitmoji ImageBitmoji Image