xoves, 26 de novembro de 2020

Busqueda do Tesouro mediante a Realidade Aumentada

Bos días nenos, nenas e familias

Hoxe imos facer unha actividade moi divertida, onde veremos animais na realidade aumentada. 

 

Sabedes o que é a realidade aumentada? Tratase de unha tecnoloxía que permítenos visualizar elementos do mundo real combinados con elementos virtuais xerados por unha tablet, e estes elementos vense en 3D.  

 

Para que os pequenos e pequenas o entendades é poder sentar na mesa a comer con nós a Patrulla Canina ou os osos de We Bare Bears. 

 

Os obxectivos que levaremos a cabo mediante a Realidade Aumentada son os seguintes: 

 

  • Utilizar os códigos QR como adquisición de novos aprendizaxes. 
  • Mostrar interese polo coñecemento dos animais do Courel. 
  • Recoñecer que animais viven no Courel mediante os códigos QR. 
  • Identificar os animais que non viven no Courel mediante os códigos QR. 

 

Así mesmo, os contidos que realizaremos mediante esta Realidade Aumentada  son os seguintes: 

  • Utilización de códigos QR como adquisición de novos aprendizaxes e coñecementos. 
  • Interese polo coñecemento do hábitat do Courel. 
  • Recoñecemento dos animais que habitan no Courel mediante os códigos QR.
  • Identificación dos animais que non viven no Courel mediante os códigos QR.

Para o desenvolvemento desta actividade, faremos unha búsqueda do tesouro sobre os animais do Courel. 

 

Previamente, as mestras de Educación Infantil agocharemos as tarxetas dos animais polo centro educativo. Estas tarxetas estarán agrupadas en 3 animais, onde os nenos e nenas deberán escanealos ca tablet e apareceralle un animal na realidade aumentada grazas aos recursos de Google 3D, cunha licenza de Recoñecemento (by).


Destes tres animais deberán escoller unicamente o animal que habita no Courel, facendo así unha selección dos animais traballados previamente na aula. 


Unha vez escollidos os animais que pensan que viven no Courel, voltarán a aula, e escanearannos, para poñer en común se todos os animais que escolleron viven no Courel ou se enganaron nalgún.

 

Unha vez realizada estas actividades mediante a asemblea faremos unha avaliación conxunta para observar se lles gustou a actividade, e se escolleron todos os animais do Courel, e no caso de ter dubidas, reforzaremos estes animais.

 

Familias, se queredes voltar a realizar esta actividade na vosa casa, deixámosvos as cartas destes animaliños, onde pulsando na imaxe dirixiravos ao arquivo onde podedes imprimilo.



Deixámosvos unhas fotiños para que vexades como queda






Un biquiño e apertas!


As mestras de Educación Infantil