venres, 27 de novembro de 2020

Iniciámonos na programación

Bos días nenos e nenas, familias e docentes:

Hoxe traémosvos unha proposta de aprendizaxe baseada na robótica, neste caso a actividade ímola a levar a cabo mediante Bee-Bot.


Os obxectivos que queremos acadar con esta actividade son:


  • Recoñecer os diferentes animais que viven no Courel.

  • Diferenciar os diversos conceptos relacionados coa lateralidade:  ‘dereita’, ‘esquerda’, ‘adiante’ e ‘atrás’.

  • Iniciar o alumnado no uso da programación robótica educativa.


Asemade os contidos que traballaremos a través desta actividade de Robótica son:


  • Recoñecemento dos diferentes animais que viven no Courel.

  • Diferenciación dos diversos conceptos relacionados coa lateralidade: ‘dereito’, ‘esquerdo’, ‘adiante, e ‘atrás’.

  • Iniciación do alumnado no uso da programación robótica educativa.


A metodoloxía que imos traballar mediante este recurso, será unha metodoloxía activa e participativa entre todos os nenos e nenas da aula de catro e cinco anos, onde traballaremos conxuntamente esta Unidade Didáctica, segundo o Decreto 330/2009 do 4 de xuño. 


A realización desta actividade será levada a cabo da seguinte maneira:


Comezaremos cunha asemblea na que lles introduciremos o concepto de robótica, preguntarémoslle se coñecen este recurso, e en que consiste. Unha vez realizada a parte da introdución, ensinarémoslle o noso robot, Beet-Bot, e explicarémoslles a actividade que imos a levar a cabo con el. Esta consiste en crear un percorrido, cunhas tarxetas que sacaremos ao azar, nas cales aparecen diversidade de animais, entre eles, os que habitan no Courel. Os nenos e nenas, deberán programar este Beet-Bot, establecendo o percorrido correcto, o cal só poderá ser no que aparecen os animais da Serra do Courel, para chegar a meta, onde alí lles esperará a mascota da aula, o oso Amoroso.


Levaremos a cabo varios percorridos para que haxa unha gran diversidade onde todos os nenos e nenas poidan participar, facendo eles e elas mesmas o seu propio camiño.



Segundo se recolle no Decreto 330/2009 do 4 de xuño levaremos a cabo unha observación directa e sistemática que constituirá a técnica principal do proceso de avaliación. Nesta actividade utilizaremos como instrumento de avaliación, a observación e o diario de aula, no cal teremos en conta estes criterios de avaliación:


  • Recoñece os diferentes animais que viven no Courel.

  • Diferencia os diversos conceptos relacionados coa lateralidade, ’dereita’, ‘esquerda’, ‘adiante’ e ‘atrás’.

  • Levouse a cabo con éxito a utilización do Beet-Bot na actividade proposta.


Por último queremos comentar que este recurso parécenos moi axeitado para traballar os obxectivos citados anteriormente, pois ao ser unha novidade na aula, os nenos e nenas séntense estimulados para a participación debido á forma en que se traballan os conceptos, neste caso de forma lúdica, introducíndoos na programación mediante a robótica educativa. Asemade fomenta o pensamento lóxico, a colaboración entre o alumnado e a resolución de problemas.

Esperamos que vós gustara moito esta actividade. Podedes deixarnos nos comentarios consellos e propostas sobre este tema.


Vémonos prontiño!!!!


As mestras de Educación Infantil




xoves, 26 de novembro de 2020

Busqueda do Tesouro mediante a Realidade Aumentada

Bos días nenos, nenas e familias

Hoxe imos facer unha actividade moi divertida, onde veremos animais na realidade aumentada. 

 

Sabedes o que é a realidade aumentada? Tratase de unha tecnoloxía que permítenos visualizar elementos do mundo real combinados con elementos virtuais xerados por unha tablet, e estes elementos vense en 3D.  

 

Para que os pequenos e pequenas o entendades é poder sentar na mesa a comer con nós a Patrulla Canina ou os osos de We Bare Bears. 

 

Os obxectivos que levaremos a cabo mediante a Realidade Aumentada son os seguintes: 

 

  • Utilizar os códigos QR como adquisición de novos aprendizaxes. 
  • Mostrar interese polo coñecemento dos animais do Courel. 
  • Recoñecer que animais viven no Courel mediante os códigos QR. 
  • Identificar os animais que non viven no Courel mediante os códigos QR. 

 

Así mesmo, os contidos que realizaremos mediante esta Realidade Aumentada  son os seguintes: 

  • Utilización de códigos QR como adquisición de novos aprendizaxes e coñecementos. 
  • Interese polo coñecemento do hábitat do Courel. 
  • Recoñecemento dos animais que habitan no Courel mediante os códigos QR.
  • Identificación dos animais que non viven no Courel mediante os códigos QR.

Para o desenvolvemento desta actividade, faremos unha búsqueda do tesouro sobre os animais do Courel. 

 

Previamente, as mestras de Educación Infantil agocharemos as tarxetas dos animais polo centro educativo. Estas tarxetas estarán agrupadas en 3 animais, onde os nenos e nenas deberán escanealos ca tablet e apareceralle un animal na realidade aumentada grazas aos recursos de Google 3D, cunha licenza de Recoñecemento (by).


Destes tres animais deberán escoller unicamente o animal que habita no Courel, facendo así unha selección dos animais traballados previamente na aula. 


Unha vez escollidos os animais que pensan que viven no Courel, voltarán a aula, e escanearannos, para poñer en común se todos os animais que escolleron viven no Courel ou se enganaron nalgún.

 

Unha vez realizada estas actividades mediante a asemblea faremos unha avaliación conxunta para observar se lles gustou a actividade, e se escolleron todos os animais do Courel, e no caso de ter dubidas, reforzaremos estes animais.

 

Familias, se queredes voltar a realizar esta actividade na vosa casa, deixámosvos as cartas destes animaliños, onde pulsando na imaxe dirixiravos ao arquivo onde podedes imprimilo.



Deixámosvos unhas fotiños para que vexades como queda






Un biquiño e apertas!


As mestras de Educación Infantil





 

mércores, 25 de novembro de 2020

25 de Novembro.

Hola nenas, nenos e familia

Hoxe querémosvos mandar unha mensaxe os maiores da casa, por iso deixámosvos un vídeo de YouTube da canle "rojoynegro cgt" sobre o Día Internacional Contra as Violencias 
Machistas.

E coa cativada traballaremos na aula o conto de Arturo e Clementina, un conto no que inculca a igualdade e a coeducación, moi importante dende a etapa educativa máis pequena.

Deixámosvos un vídeo de Maricarmen Álvarez, contando este contiño, por se o queredes volver a ver



Non olvidemos que os nenos e nenas, aprenden por imitación.


Un saúdo e apertas

As mestras de Educación Infantil

venres, 20 de novembro de 2020

Día Internacional dos Dereitos dos nenos e das nenas

Bos días nenos, nenas e familias!

Sabedes que se celebra hoxe?

Hoxe 20 de novembro celébrase o Día Internacional dos Dereitos dos nenos e das nenas. 

Para celebrar este gran día deixámosvos este vídeo que estivemos traballando na aula ca cativada.



Un bico enorme e apertas

As mestras de Educación Infantil

xoves, 19 de novembro de 2020

Chega o Nadal ó Courel

Bos días nenos, nenas e familias

Hoxe traémosvos outro recurso feito polas mestras. Acordádesvos do que vimos o anterior día?......O Stop Motion! Vedes como vos acordades, non dubidábamos de vós!

Pois para recordar os animaliños traballados durante este curso no cole e mediante este blog, traémosvos un contiño destes animaliños do Courel, de que tratará?

Agora o descubriredes pulsando no contiño que vos levará a unha historia chea de maxia con sabor a Nadal.


Familias, neste documento podedes ver a preparación previa que realizamos para este conto, así como os obxectivos e contidos que queremos levar a cabo a partir del.

Para unha mellor visualización pulsade na imaxe.



A realización deste recurso na aula, será a seguinte:

Primeiro proxectaremos o conto na Pizzarra Dixital Interactiva, onde a delegada ou delegado dese día, da clase, daralle ao botón de narración do conto, para poder escoitala mentres o vemos. Outro neno ou nena, neste caso, a axudante ou o axudante do delegado/a, pasará as páxinas do conto.

Unha vez rematado de escoitalo, traballaremos os contidos, mediante a asemblea na cal lles faremos preguntas sobre se a eles ou elas lles gustan as TICs, cales son as que máis usan, para que e como deberíamos utilizalas. Por outra banda, intentaremos sacar unha reflexión común acerca doutras maneiras de desfrutar do ocio e tempo libre sen necesidade das TIC’S.

Ao día seguinte, traballaremos o uso axeitado das novas tecnoloxías e do tempo que lle dedicamos e deberíamos dedicar mediante un mural que faremos de forma conxunta para ter na aula e poder visualizala sempre que o precisemos ou lles apeteza.

Por último, realizaremos conxuntamente toda a aula un tríptico no cal eles e elas debuxarán unhas instrucións sobre o uso axeitado das tecnoloxías, apoiado con enunciado que escribiremos as mestras, e cun apartado de preguntas que foron xurdindo na asemblea, para que llas poidan facer ás súas familias e que así esta aprendizaxe sexa para todos e todas, e non queden só na aula. se é máis divertido interactuar coas TICs ou xogar cos nosos amiguiños e amiguiñas, preguntándolle ao alumnado que lles pareceu, se é mellor estar vendo vídeos na tablet en vez de xogar cos compañeiros e compañeiras.

Por último, este libro, será adquirido en formato conto, grazas a aplicación que nos da esta opción, onde estará exposto no recuncho da biblioteca na aula.


Biquiños e apertas

As mestras de Infantil



xoves, 12 de novembro de 2020

Stop Motion

 Bos días nenos, nenas e familia!

 Hoxe traémosvos un Stop Motion, un pequeno vídeo realizado polas mestras de infantil, e a que non sabedes como o fixemos? Pois quitando moitísimas fotos e despois, ao xuntalas todas, cóntanos unha historia, unha pasada!! non vos parece?




Para este Stop Motion que imos a realizar, traballaremos a área do coñecemento do contorno, que se recolle no Decreto 330/2009 do 4 xuño,  onde traballaremos o bloque temático sobre o achegamento á natureza, achegándonos así ao descubrimento da natureza do Courel e os seus animais, onde podemos observar as diferentes estacións do Courel e o seus animais.


Os obxectivos que levaremos a cabo con este Stop Motion son os seguintes:


  • Observar a contorna de forma activa mostrando interpretación sobre algunhas situacións e feitos significativos.

  • Explorar de forma activa o seu contorno xerando interpretación sobre algunhas situacións e feitos significativos

  • Mostrar interese polo coñecemento da contorna.


Así mesmo, os contidos que realizaremos mediante este Stop Motion son os seguintes:

  • Observación da contorna activa mostrando interpretación sobre algunhas situacións e feitos significativos.

  • Exploración de forma activa o seu contorno xerando interpretación sobre algunhas situacións e feitos significativos

  • Interese polo coñecemento da contorna.


As preguntas que nos plantexamos nenos e nenas, antes de ver o Stop Motion, son as seguintes:

  • En que estación podemos atopar ás bolboretas? 

  • Os osos teñen nai?

  • En que estación caen as follas?

  • Por onde se moven as toupas?

  • Sabedes en que estación neva?




E agora despois de ver este vídeo sobre o Stop Motion do Courel, deixámosvos esta pregunta final:


  • Actualmente estará o oso do Courel invernando coa súa nai?



Un saúdo e apertas

As profes de Educación Infantil

mércores, 4 de novembro de 2020

A fauna do Courel

Bos días nenos, nenas e familia!


Hoxe, traémosvos o último recurso que preparamos as mestras de Educación Infantil para este trimestre. Neste caso traballaremos a fauna do Courel, onde investigaremos e descubriremos diversos animais que habitan nel.


Antes de nada, os obxectivos que levaremos a cabo para esta Unidade Didáctica serán os seguintes:


  • Identificar os diferentes animais mediante as imaxes

  • Recoñecer os diferentes animais.

  • Emparellar a fauna.

  • Contar os diferentes animais.

  • Recoñecer as diferentes grafías

  • Relacionar as grafías co reconto de animais.

  • Identificar os diferentes sons dos animais.


Asemade, os contidos que levaremos a cabo serán os seguintes:


  • Identificación dos animais mediante imaxes.

  • Recoñecemento dos animais e as grafías

  • Emparellamento da fauna

  • Enlazamento da grafías co reconto de animar.

  • Reconto dos animais 

  • Identificación dos sons dos animais


A metodoloxía que imos traballar mediante este recurso, será unha metodoloxía activa e participativa entre todos os nenos e nenas da aula de catro e cinco anos, onde traballaremos conxuntamente esta Unidade Didáctica, segundo o Decreto 330/2009 do 4 de xuño. Para levala a cabo precisaremos 15 días para poder realizala, empregando as novas tecnoloxías da aula, mediante o encerado dixital interactivo.


Pulsade nesta imaxe, e levaravos ao recurso que imos traballar na aula conxuntamente!


Mediante este recurso centrarémonos nos principios da Educación Infantil, como o principio de xogo, interacción crianza - medio, globalización, motivación, socialización, clima de afecto e confianza e o principio de autonomía e liberdade autorregulada.


Ademais, teremos en conta as diferentes necesidades educativas individuais de cada neno e nena da aula.


As competencias que levaremos a cabo neste recurso segundo o Decreto 330/2009 do 4 de xuño,  serán a competencia en comunicación lingüística, xa que traballaremos as actividades conxuntamente oralmente. Outra competencia que traballaremos será a matemática, co conteo dos diferentes animais que aparecen na imaxe, e por último, a competencia para aprender a aprender, para que eles e elas mesmas sexan capaces de continuar aprendendo dunha forma autónoma.


Os recursos necesarios para esta actividade serán os seguintes: respecto aos recursos materiais, precisaremos do encerado dixital interactivo da aula, xunto co proxector, o ordenador da aula, que trae integrado o dispositivo de son e o lapis que trae o encerado dixital interactivo, para que sexa de maior manexo para realizar as diferentes actividades.


Os recursos persoais que precisaremos será as mestras de Educación Infantil, os nenos e nenas da aula de Educación Infantil de 4 e 5 anos e vos, as familias, onde traballaremos esta unidade conxuntamente.


Por último, respecto aos recursos espaciais, precisaremos a aula de catro e cinco anos para poder realizar as actividades.


Antes de comezar a realizar este recurso nas aulas de catro e cinco anos, faremos unha avaliación inicial sobre o que imos a traballar e así poder adaptar as actividades ao grao de coñecemento das crianzas de cada aula.


Segundo se recolle no Decreto 330/2009 do 4 de xuño levaremos a cabo unha observación directa e sistemática que constituirá a técnica principal do proceso de avaliación. Nesta actividade utilizaremos como instrumento de avaliación, a observación e o diario de aula, no cal teremos en conta estes criterios de avaliación:


  • Identifica os animais

  • Recoñece os diferentes animais.

  • Conta os diferentes animais 

  • Emparella os animais

  • Memoriza as diferentes imaxes para emparellalas

  • Recoñece as diferentes grafías

  • Relaciona as grafías co reconto dos animais nas imaxes

  • Identifica os diferentes sons dos animais


Esperamos que vos guste este recurso e esta Unidade Didáctica, tanto coma nos!

Biquiños e apertas! Vémonos na aula!

As mestras de Infantil


waving with forest critters








martes, 3 de novembro de 2020

Hoxe seguimos con máis flora.

Bos días familias, rapaces e rapazas.


As mestras fixemos uns recursos para vós, esperamos que vos gusten. 


Hoxe toca o tema da flora, excepto as setas e fungos, que xa vimos onte, onde faremos actividades de árbores, flores, de plantas e de arbustos. 

A duración total que terá a unidade é de 2 semanas. 


As actividades que ides ver a continuación, teñen moita relación con outras que se fixeron na aula e coa saída que realizamos hai una semana, onde atopamos fentos, pinos, e toxos entre outros. Desta forma o alumnado adquiriu o coñecemento previo que necesitan para poder resolvelo. Familias non esquezades axudarlles no desenvolvemento das actividades coas novas tecnoloxías que tendes na casa. 


A metodoloxía que imos a empregar desenvolvese en base o Decreto 330/2009 do 4 de xuño, sendo unha metodoloxía globalizada e participativa, onde os nenos e nenas son os protagonistas respectando os seus ritmos individuais, mentres participan de elas de forma activa.


As actividades son as seguintes:


Nesta actividade tedes que abrir a caixas e dicir si é unha planta ou unha árbore, e identificar o seu nome. A solución do exercicio e a seguinte:

(Planta: Fento, Trevo, e Menta.   Árbore: Piñeiro e Salgueiro)





Neste seguinte recurso, o neno ou a nena, ten que ordenar os pasos para plantar unha flor e que de o seu froito, neste caso un Xirasol





Para esta terceira actividade, os nenos e nenas terán que agrupar en grupos as imaxes segundo a súa categoría; flores e plantas ou árbores e arbustos.




Por último, esta actividade consistirá emparellas as respectivas imaxes.






Os obxectivos que queremos lograr a través destas actividades, que realizaremos na aula, son os seguintes:


  • Identificar as imaxes das plantas e árbores

  • Diferenciar planta e flores de árbores e arbustos

  • Relacionar as imaxes da flora cos seus debuxos.

  • Coñecer como é o proceso de crecemento dunha planta.

  • Nomear as plantas, árbores e flores polo seu nome.


Os contidos das actividades en relación cos obxectivos son:


  • Identificación de imaxes de plantas e árbores.

  • Diferenciación o que é unha planta ou flor do que son árbores ou arbustos.

  • Emparellamento entre as imaxes e os debuxos da mesma flora. 

  • Coñecemento do proceso de crecementos das plantas, dende plantar a semente ata que xa e una planta, flor, arbusto ou árbore.

  • Nomeamento polo seu nome da diferente flora. 


As competencias que podemos traballar co desenvolvemento destas actividades tamén pertencen ó Decreto 330/2009 do 4 de xuño son o establecemento de relacións: ordenación, correspondencia, clasificación que atopamos na area do coñecemento do entorno o traballar a aproximación a natureza e ter que recoñecer as diferentes árbores e plantas, ordenar o seu crecemento así como a clasificación entre os dous grandes grupos: as plantas e flores, e as árbores e arbustos traballando tamén desta maneira competencia lingüística ó ter que dicir os seus nomes.


Os recursos espaciais que precisamos son a aula, os recursos materias que tamén precisaremos para as actividades son o encerado dixital e interactivos, ordenador con acceso a internet, así como tamén algún dispositivo electrónico con aceso a internet que os nenos e nenas poidan utilizar coa supervisión das familias. E os recursos persoais sodes vós as familias para axudar os nenos e nenas, así como tamén nós as mestras, pero non podemos esquecernos dos grandes protagonistas os rapaces e rapazas.


Antes de facer as actividades temos que realizar unha avaliación inicial para saber os coñecementos que xa teñen o nenos e nenas, e ó longo da actividade observaremos e tomaremos nota das actividades e dos resultados segundo os elementos avaliativos que temos as mestras, unha vez feitas as actividades levaranse a cabo a análise destas avaliación elaborando unha final. Así como tamén utilizaremos o diario de aula.


As observacións serán directas e sistemáticas como recolle o Decreto 330/2009 do 4 de xuño. Entre os criterios de avaliación que encontramos podemos destacar os seguintes:


  • Distingue plantas de árbores.

  • Coñece o proceso de crecemento das plantas

  • Identifica os debuxos da flora cas imaxes

  • Identifica o debuxo da flora cos nomes de cada árbore ou planta.

  • Amosa interese e gañas de participar.


Bicos e apertas!!

As mestras de Educación Infantil