venres, 30 de outubro de 2020

Nenos e nenas desfrutade deste gran fin de semana, celebrando o Samaín, con esas fermosas cabazas que preparamos na aula, e eses disfraces tan bonitos.

Deixámosvos o contiño de Corre, Corre, Cabaciña, narrado por OQO Filmes-galego, esperamos que vos guste!


Vémonos o luns na aula

As profes de Infantil




martes, 27 de outubro de 2020

Nas próximas semanas...

Bos días nenos, nenas, e familias. 

Nas próximas semanas imos traballar sobre a fauna e a flora, que se pode atopar no Courel.

As unidades de traballo son as seguintes: 
        
       Flora: traballaremos sobre as setas e fungos, as flores e plantas e tamén sobre as árboles e arbustos. 

  • Fauna: onde traballaremos os diversos animais que se atopan no Courel.

unidade de traballo das setas e fungos será a máis cortiña.

luns, 26 de outubro de 2020

Bos días nenos, nenas e familia. 
As mestras de Infantil decidimos mostrarvos estes tres repositorios que atopamos na web.

Na páxina web, Educar en Igualdade, atoparedes un recurso que fala dunha Unidade didáctica sobre os Bolechas. Esta unidade ímola traballar conxuntamente, onde trataremos a coeducación, xa que vemos necesario traballar a igualdade e prevención da violencia de xénero dende a cativada para que sexa interiorizado como unha aprendizaxe vital.

Para este segundo recurso do repositorio Educa Guía, atopamos diversos materiais imprimibles, xogos dinámicos e fichas, onde traballaremos as distintas áreas do currículo.

Neste último repositorio de Agrega 2, atoparedes un recurso sobre o Outono, onde traballaremos o outono de forma grupal nas aulas e convosco, familias, para focalizar un achegamento á natureza .
Esperamos que vos gusten estes repositorios e os seus recursos.

Un saúdo

As mestras de Educación Infantil


venres, 23 de outubro de 2020

Día de cine na casa

Bo día familias. 

Hoxe por fin é Venres, e maña xa non tedes que madrugar. 

Para estes días de chuvia e dada a situación que estamos vivindo, as posibilidades de facer cousas diminúen. Por iso mesmo, as mestras queremos recomendarvos, un par de películas, para que desfrutedes das tardes todos xuntos. 



Bitmoji Image

Pulsade nas imaxes, para aceder as ligazóns.

                                                                                    2º

Un saúdo

As mestras de Educación Infantil

xoves, 22 de outubro de 2020

Caza do tesouro

Boas tardes nenos e nenas.

Hoxe imos a facer unha caza do tesouro, sabedes en que consiste isto? Pois ben, nos ímos a poñervos preguntas sobre un tema, e vós coa axuda das familias teredes que buscar sobre isto para conseguir responder ao que vos preguntamos. Poderíamos dicir que ides a convertervos en detectives por un día, como Gerónimo Stillson ou Rebekah, a nena detective. Estades listos e listas? 


Familias, esta búsqueda está destinada aos nenos e nenas do segundo ciclo de Ed. Infantil. Nel imos a traballar o coñecemento do entorno, aproximándonos á natureza, acercándonos gradualmente ó coñecemento dos seres vivos, neste caso nos seres vivos do Courel, os osos pardos. Ides a observar algunhas características, comportamentos, funcións e cambios neles. E tamén imos a traballar o coidado e respecto destes animais e do entorno. Ademais, traballaremos a área da linguaxe: comunicación e representación, xa que traballaremos con recursos tecnolóxicos para descubrir información sobre os osos polares nesta caza do tesouro.


As instrucións de como xogar son as seguintes; farémosvos preguntas e, de seguido deixarémosvos unhas ligazóns, que consideramos oportunas, nas que atoparedes a información sobre o que se vós está a preguntar.


Estades preparados? Alá vamos!

Bitmoji ImageBitmoji Image


Preguntas:
  1. Sabes o que é un oso?
  2. Que tipos de osos hai?
  3. Cales son as partes dun oso?
  4. Como son as súas pegadas?
  5. Cal é a comida dos osos?
  6. Que comen os osos pardos?
  7. Onde viven os osos pardos?
  8. De que cor é a pel dos osos pardos?
  9. Que fan os osos no inverno?
  10. Sabedes que sentido teñen máis desenvolto os osos pardos?

Recursos

Para poder acceder os link dos recursos, tedes que pinchar nas imaxes. Todos os recursos están feitos polas mestras Cris, Elena e Noelia salvo os vídeos de You-Tube.

Os recursos de You-Tube, son en castelan.












Pregunta final


Agora pensa, e recapitula todo o visto nas anteriores preguntas.


Sabes canto pode chegar a medir un oso pardo?




venres, 16 de outubro de 2020

Quen é Quen?

 Bos días rapaces e rapazas.

Hoxe xa é venres, e querémosvos deixar un pequeno xogo, a ver se vos acordades de quen é cada unha de nos. 




xoves, 15 de outubro de 2020

Páxinas de interese e outros recursos


hi



Bos días:

O post de hoxe vai enfocado a vós,  mestres, mestras, familias...

Presentámosvos diferentes recursos e materiais relacionados con temas relacionados ou que forman parte do noso proxecto do Courel,  o cal, sabedes, será o que traballaremos este curso escolar, como por exemplo a auga, o ecosistema.. pero non vos queremos desvelar máis, para iso deberedes premer nas ligazóns que vos deixamos de seguido.

O primeiro blog que vos presentamos é o de “En mi aula de infantil”, aula na cal traballan mediante proxectos, e implicando ás familias. Atoparemos tamén diferentes recursos, e materiais, que nos permitirán traballar cos máis peques da casa, por exemplo, a fauna e a flora, entre outros.

Mar Gómez, no seu blog, preséntanos unha recopilación de recursos que foi atopando na rede, así como tamén os de elaboración propia, sobre temas como os animais, as estacións e o medio ambiente. Para poder atopar e darlle uso a estos recursos, na parte dereita, tendes unha listaxe deles!

En “Esos locos bajitos” podemos atopar xogos sobre as estacións do ano, contos como o de “Doña gotita”, que fálannos da auga, así como actividades para coñecer e interiorizar conceptos como o tempo e as horas.

Neste blog existe unha ampla variedade de actividades relacionadas cos ciclos vitais dos animais das plantas e estacións do ano, ademáis de vocabulario e adiviñanzas sobre eles. Para poder descubrirr todo isto, na parte dereita deslizades e atoparédelos!

Una mochila de sueños, poreséntanos un proxecto sobre o ecosistema, onde traballan con diversos animais, incluídos os do bosque, os cales traballaremos no noso blog.

Carmen é unha mestra de infantil que no seu blog presentanos propostas do outono a través da mesa de luz. Un recurso moi útil en Educación Infantil e que fai aos nenos e nenas os protagonitas da actividade.

Mi casa al mundo, traballa con materiais sacados da propia natureza, como por exemplo pedras, que as utiliza para pintar. Un blog excelente para utilizar ferramentas propias da nosa contorna.

Nesta páxina de Orientación Andújar, a profe Inne proponnos contos sobre a natureza e medioambiente, un tema que nós traballaremos ao longo do curso.

Un proyecto de una mestra, é un proxecto, que realizouse, para toda a etapa de infantil, sendo o bosque o tema principal. Onde se traballaron os animais, as pinturas, pintores... e ademais realizáronse actividades en dúas linguas, castelán e inglés.

    Juega y aprende, é un blog no cal o tema principal é a auga. Onde podemos atopar un xogo virtual sobre ela e como os nenos, e nenas, descubren os diferentes estados da auga.

Neste documento PDF atopamos un proxecto europeo LIFE Oso Courel sobre as Accións para favorecer a expansión do oso pardo nos terreos da Serra do Courel. É un proxecto destinado a nenos e nenas do Segundo Ciclo de Educación Infantil e con el poderán coñecer curiosidades sobre o oso pardo.

Este recurso en PDF do CEIP José de la Torre y del Cerro, amósannos un proxecto dedicado a natureza, onde os nenos e nenas descobren as plantas, os animais e os fenómenos atmosféricos, se queredes descubrir que máis cousas nos amosan, facede clic.

El blog de Infantil, mediante o conto Ratapón descúbrennos que animais viven no bosque, a súa alimentación e habitat, incluso o tipo de pegadas que ten cada un!!
    
Un recurso, en formato PDF no que a auga volve a ser protagonista , no que se ensina como funciona o ciclo desta e os ecosistemas fluviais. 

No blog de Infantil CRA Cincocasas amósannos o proxecto que realizaron sobre as árbores, cun descubrimento sobre os distintos tipos que hai.

Esperámos que estos blogs vos sirvan de gran axuda. Se coñecedes algún máis non dubidedes en deixárnolo en comentarios.

Por certo, tamén vos deixamos por aquí a nosa webmix por se queredes ter dunha forma máis visual os blogs que vos acabamos de recomendar. Deixámosvos unha imaxe dela para que vos fagades unha idea de como a temos organizada.



Que teñades un moi bo finde!
Bitmoji Image

Mestra Cris, Elena e Noe


O Courel

Bos días nenas e nenos

As mestras Cris, Elena e Noe, deixámosvos un vídeo sobre o Courel e a súa divesidade!

Esperamos que vos guste

Un saúdo!



mércores, 14 de outubro de 2020

¿Sabedes que é O Courel?

Neste post vós deixamos unhas pistas de que é O Courel. Deixade as respostas nos comentarios, a ver se acertades, no próximo post, vos diremos que é.


SON UN LUGAR MOI GRANDE

ESTOU CHEO DE ARBORES,

ACOLLO OS ANIMAIS,

E A LOBOS DE BOS MODAIS. 

¿QUEN SON?




luns, 12 de outubro de 2020

venres, 9 de outubro de 2020

Como usamos as profesoras as Novas Tecnoloxías?

 Boas días nenos, nenas e familia.

Recordades que onte falamos das tecnoloxías? Pois hoxe falarémosvos de como utilizaremos as mestras de Infantil as Novas Tecnoloxías.

Para comezar, queremos dicir, que grazas as novas tecnoloxías, vos (os nenos e nenas) aprendedes moito mellor, sabedes por que? Porque no día a día estades arrodeados de Novas Tecnoloxías e a través delas podemos dunha forma lúdica e visual. É moi importante aclarar, que por que unha profesora encha a aula de Novas Tecnoloxías, non quere dicir, que sexamos mellores ou peores mestras, xa que podes ter moitas tecnoloxías e non saber utilizalas ou non darlle o rendemento e potencial que teñen, por iso, ambas as tres, temos formación en Novas Tecnoloxías. 

Como vos dixemos onte, no centro contamos cunha aula de robótica, e en Educación Infantil contaremos con Beet-Bot, onde traballaremos contidos e obxectivos do currículo de Infantil. Ademais, mediante os encerados dixitais e interactivos que hai en cada aula, imos realizar xogos interactivos, ver vídeos, imaxes e poder debuxar nela.

As mestras Noe, Elena e Cris, utilizaremos as Novas Tecnoloxías como medio, xa que estes instrumentos permitiranos chegar as ideas que temos na mente, como pode ser, traballar mediante a gamificación.

Por último, queremos comentar que nos colexios públicos hai algúns medios para traballar as Novas Tecnoloxías, como por exemplo, un ordenador, algunha tablet ou un encerado dixital interactivo, pero non en todos os colexios corren a mesma sorte. Por iso pensando nun futuro, co paso de 5 ou 6 anos, creemos que haberá máis Novas Tecnoloxías nas aulas de Educación Infantil e Primaria.

Un bico enorme cativada!

A profesora Cris, Elena e Noe


xoves, 8 de outubro de 2020

Sabedes que son as tecnoloxías?

Bos días, xa estamos aquí novamente.

Hoxe falarémosvos das tecnoloxías. Para vós que son?

Seguramente estedes pensando en ordenadores, móbiles, tablets….pero é mais que iso, xa que se usamos a domótica na casa, poderemos subir e baixar as persianas automaticamente ou nas cámaras de seguridade.

Se tecleades no navegador a palabra tecnoloxía atopas miles de definicións, pero nos ímosvos a contar a nosa. Para nós a tecnoloxía é un conxunto de coñecementos e habilidades co obxectivo de crear un servizo para solucionar unha necesidade ou un problema. Como vedes, as tecnoloxías non é só ter un ordenador ou tablet, senón ter un fin para un problema ou unha necesidade.

Na nosa carreira como docentes, as tecnoloxías, ocúpannos un lugar moi amplo no noso día a día, xa que actualmente témolas nas aulas de Educación Infantil. Neste centro, contamos cun encerado dixital interactiva en cada aula, onde con ela podemos realizar xogos interactivos, ademais de ver vídeos, imaxes, e pintar nela.

No centro, contamos ademais, cunha aula de robótica, que é compartida con todos os cursos de Educación Infantil e Primaria. Nela contamos con  Beet-Bot, o robot abella, onde mediante este robot poderemos traballar a lecto-escritura, a lóxico – matemática, contidos do coñecemento do medio e a identidade e autonomía persoal.

Para rematar, a mestra Cris, Elena e Noe, queremos destacar que a tecnoloxía en Infantil é nos moi útil no día a día, xa que sen ela, non poderíamos realizar certas actividades, ou no caso de poder realizalas, non serían tan atractivas. Temos que contar, que no século XXI, case todo está tecnoloxicamente conectado, por iso, entendemos que as tecnoloxías deben estar presentes na etapa educativa.

Esperamos que o concepto de tecnoloxía vos quedara máis claro!

Vémonos na aula!

Bitmoji ImageBitmoji Image


mércores, 7 de outubro de 2020

Nós, formamos un equipo

 Ola!!! Bo día!! 

Nenos, nenas e maiores, hoxe é mércores, xa estamos a metade de semana, quedan uns días para chegar o ponte do Pilar, e poder pasar tempo en familia e con nós, gozar e aprender un pouco.

"Nunca irás durmir sen saber algo novo"

Neste post, vámosvos a falar de nós, pero hoxe como grupo, como o trío de mestras que formamos.

Queremos recordarvos os nosos nomes.

Mestra Cris, mestra Elena e mestra Noe.

Agora que xa vos recordamos os nosos nomes, dámosvos a benvida o novo blog, centrado na temática do Courel.

As tres fixemos o noso grado de mestra en Educación Infantil na Universidade de Vigo, no campus de Pontevedra, ten unha duración de 4 anos, e tamén temos o título de Técnica en Educación Infantil. Esta cidade é pequena, no verán ten una festa moi coñecida chamada As peregrinas, ten lugar en agosto, fan concertos e actividades varias. 

Que ben o pasamos a mestra Cris e a mestra Elena xogando a pelota.


Mediante os obxectivos e contidos que preséntanse no Decreto 330/2009, do 4 de xuño, parécenos importante compartir entre todos os cativos e cativas, e tamén cas familias información e curiosidades sobre o Courel e a súa biodiversidade, xa que para algúns nenos e nenas será a súa primeira experiencia.

Nós queremos aprender de vós, e que vós poidades aprender de nós, así gañaremos todos. 

O mellor é traballar en equipo!!!



Ata o próximo post.


martes, 6 de outubro de 2020

Saúdavos a mestra Noelia.


Bos días!! Hoxe ao teclado a terceira, e última, integrante deste blog enfocado no Courel e no segundo ciclo de Infantil. 

Son Noelia, son mestra de educación infantil, e como as miñas compañeiras, tamén me graduei na Universidade de Vigo, na facultade de Pontevedra. Ademais diso son Técnica en Educación Infantil e TASS.

Nesta entrada vouvos a contar un pouquiño de min para que poidamos crear unha relación máis cercana. Acompañádesme?

Son de A Estrada, unha vila situada a 20 minutos da capital de Galicia, Santiago de Compostela. Aínda que o certo é que os meus primeiros anos de vida paseinos en Suíza, na cidade de Lousanne. Creo que de aí venme o gusto polo inverno, o frío e a neve, xa que é unha cidade moi bonita pero na que é necesario abrigarse moi ben.

Outras das cousas polas que creo que me gusta tanto o frío é porque o relaciono co Nadal, e non hai festa que máis me guste ca esa. Sabedes por que? Porque creo que é unha época máxica na que pasamos tempo cos nosas familias e amizades, e tamén polos turróns que me gustan moito. Si, sonvos moi larpeira.

Ademais de gustarme o turrón, o frío e o Nadal disfruto moito paseando pola natureza co meu compañeiro peludo, Thor. Gústanos tanto que aproveitamos calquera momento para facer rutas polo monte e coñecer novos sitios.


A vós gústanvos os animais? E andar pola natureza?

Ademais de estas curiosidades sobre min, e xa que o medio de comunicación que imos a utilizar para relacionarnos con vós e este blog, creo que é bo que saibades como e cando comezou a miña relación coas Tic's (as Tecnoloxías da Información e Comunicación). Aínda que agora hai moitas e variadas, o meu primeiro contacto con elas foi cando me regalaron o meu primeiro móbil, e seguro que na vosa cabeza ese móbil tiña un montón de aplicacións ademais de internet.. pois todo o contrario. Cando eu comecei a ter móbil só servía para chamar e mandar mensaxes de texto, no tiña nin cámara!!! E non vos creades que fai tanto diso... O meu segundo contacto coas TICS debeuse a que necesitaba un ordenador para os traballos de clase, supoño que iso soaravos, e dende aquela somos inseparables, o malo é que aínda nos estamos coñecendo, e o bo é  que cada día descubro algo novo delas. 

Espero que esta publicación vos servira para coñecerme un pouco mellor.

Tedes un espazo abaixo para deixar os vosos comentarios e contarnos cousiñas, así nós tamén poderemos achegarnos un pouco máis a vós.

Vémonos pronto con moitas novas!!!

Unha aperta enorme.





luns, 5 de outubro de 2020

A mestra Elena, unha caixa de sorpresas

Bos días, o meu nome é Elena Fernández Conde, e son mestra de Educación Infantil, gradueime na Universidade de Vigo, no campus de Pontevedra. Tamén son Técnica en Educación Infantil, monitora de tempo libre e Técnica en panadaría, pastelería e confeitería. 

Como xa vos comentou onte, a mestra Cris, imos facer un blog centrado no Cadea montañosa do Courel.

Pero antes de comezar, con ese tema, imos aprender un pouco máis de min.

Esta son eu:


Sempre levo coleta no alto da miña cabeciña, tamén poño zapatos deportivos, uns pantalóns e un suadoiro a maior parte das veces.  

Eu nacín en Vigo, na cidade máis poboada de Galicia, pero non é a máis grande en extensión. Vigo ten unha ría onde podemos atopar as Illas Cíes, unhas illas máis que fermosas, son patrimonio da humanidade. É unha cidade moi turística, en época de Nadal, Vigo está ata os topes de xente namorada das luces de toda a cidade e o bo ambiente que se respira.  

A todas horas gústame escoitar música, estar cos meus amigos e a familia. Recoñezo que as veces son un pouco tímida, pero noutras son moi extravertida, falo ata cas pedras. Tamén son tenaz, perseverante e moi imaxinativa.

No meu tempo libre, gústame ver series ou películas. Encántanme as series policiacas e de crimes, tamén as de renovacións de fogares, podería facer doces todo o día, fago unhas filloas, unhas mousse e unhas tartas para chuparse os dedos, tamén me gusta ver unha boa posta de sol.

O meu acercamento as TIC, comezaron dende pequena, cando na casa tíñamos televisores, a Play Station e un ordenador no que poder xogar algúns xogos de CD ou na rede. Tempo despois, con sete ou oito anos regaláronme un teléfono móbil co que poder chamar a miña nai e o meu pai, cando estaba na casa do outro, e tamén cando estaba en campamentos.  Despois tiven un ordenador portátil para compartir cos da casa, pero este xa tiña máis posibilidades de acceder a internet, ademais, veu a Nintendo Ds, outros teléfonos móbiles, así coma, unha tablet para casa. Hoxe en día temos TICs por todos os lados, é moi difícil non estar en contacto con elas, mentres eu escribo e ti estas lendo, ambos os dous estamos en contacto con elas. 

APERTAS PARA TODOS!!