luns, 5 de outubro de 2020

A mestra Elena, unha caixa de sorpresas

Bos días, o meu nome é Elena Fernández Conde, e son mestra de Educación Infantil, gradueime na Universidade de Vigo, no campus de Pontevedra. Tamén son Técnica en Educación Infantil, monitora de tempo libre e Técnica en panadaría, pastelería e confeitería. 

Como xa vos comentou onte, a mestra Cris, imos facer un blog centrado no Cadea montañosa do Courel.

Pero antes de comezar, con ese tema, imos aprender un pouco máis de min.

Esta son eu:


Sempre levo coleta no alto da miña cabeciña, tamén poño zapatos deportivos, uns pantalóns e un suadoiro a maior parte das veces.  

Eu nacín en Vigo, na cidade máis poboada de Galicia, pero non é a máis grande en extensión. Vigo ten unha ría onde podemos atopar as Illas Cíes, unhas illas máis que fermosas, son patrimonio da humanidade. É unha cidade moi turística, en época de Nadal, Vigo está ata os topes de xente namorada das luces de toda a cidade e o bo ambiente que se respira.  

A todas horas gústame escoitar música, estar cos meus amigos e a familia. Recoñezo que as veces son un pouco tímida, pero noutras son moi extravertida, falo ata cas pedras. Tamén son tenaz, perseverante e moi imaxinativa.

No meu tempo libre, gústame ver series ou películas. Encántanme as series policiacas e de crimes, tamén as de renovacións de fogares, podería facer doces todo o día, fago unhas filloas, unhas mousse e unhas tartas para chuparse os dedos, tamén me gusta ver unha boa posta de sol.

O meu acercamento as TIC, comezaron dende pequena, cando na casa tíñamos televisores, a Play Station e un ordenador no que poder xogar algúns xogos de CD ou na rede. Tempo despois, con sete ou oito anos regaláronme un teléfono móbil co que poder chamar a miña nai e o meu pai, cando estaba na casa do outro, e tamén cando estaba en campamentos.  Despois tiven un ordenador portátil para compartir cos da casa, pero este xa tiña máis posibilidades de acceder a internet, ademais, veu a Nintendo Ds, outros teléfonos móbiles, así coma, unha tablet para casa. Hoxe en día temos TICs por todos os lados, é moi difícil non estar en contacto con elas, mentres eu escribo e ti estas lendo, ambos os dous estamos en contacto con elas. 

APERTAS PARA TODOS!!