mércores, 4 de novembro de 2020

A fauna do Courel

Bos días nenos, nenas e familia!


Hoxe, traémosvos o último recurso que preparamos as mestras de Educación Infantil para este trimestre. Neste caso traballaremos a fauna do Courel, onde investigaremos e descubriremos diversos animais que habitan nel.


Antes de nada, os obxectivos que levaremos a cabo para esta Unidade Didáctica serán os seguintes:


  • Identificar os diferentes animais mediante as imaxes

  • Recoñecer os diferentes animais.

  • Emparellar a fauna.

  • Contar os diferentes animais.

  • Recoñecer as diferentes grafías

  • Relacionar as grafías co reconto de animais.

  • Identificar os diferentes sons dos animais.


Asemade, os contidos que levaremos a cabo serán os seguintes:


  • Identificación dos animais mediante imaxes.

  • Recoñecemento dos animais e as grafías

  • Emparellamento da fauna

  • Enlazamento da grafías co reconto de animar.

  • Reconto dos animais 

  • Identificación dos sons dos animais


A metodoloxía que imos traballar mediante este recurso, será unha metodoloxía activa e participativa entre todos os nenos e nenas da aula de catro e cinco anos, onde traballaremos conxuntamente esta Unidade Didáctica, segundo o Decreto 330/2009 do 4 de xuño. Para levala a cabo precisaremos 15 días para poder realizala, empregando as novas tecnoloxías da aula, mediante o encerado dixital interactivo.


Pulsade nesta imaxe, e levaravos ao recurso que imos traballar na aula conxuntamente!


Mediante este recurso centrarémonos nos principios da Educación Infantil, como o principio de xogo, interacción crianza - medio, globalización, motivación, socialización, clima de afecto e confianza e o principio de autonomía e liberdade autorregulada.


Ademais, teremos en conta as diferentes necesidades educativas individuais de cada neno e nena da aula.


As competencias que levaremos a cabo neste recurso segundo o Decreto 330/2009 do 4 de xuño,  serán a competencia en comunicación lingüística, xa que traballaremos as actividades conxuntamente oralmente. Outra competencia que traballaremos será a matemática, co conteo dos diferentes animais que aparecen na imaxe, e por último, a competencia para aprender a aprender, para que eles e elas mesmas sexan capaces de continuar aprendendo dunha forma autónoma.


Os recursos necesarios para esta actividade serán os seguintes: respecto aos recursos materiais, precisaremos do encerado dixital interactivo da aula, xunto co proxector, o ordenador da aula, que trae integrado o dispositivo de son e o lapis que trae o encerado dixital interactivo, para que sexa de maior manexo para realizar as diferentes actividades.


Os recursos persoais que precisaremos será as mestras de Educación Infantil, os nenos e nenas da aula de Educación Infantil de 4 e 5 anos e vos, as familias, onde traballaremos esta unidade conxuntamente.


Por último, respecto aos recursos espaciais, precisaremos a aula de catro e cinco anos para poder realizar as actividades.


Antes de comezar a realizar este recurso nas aulas de catro e cinco anos, faremos unha avaliación inicial sobre o que imos a traballar e así poder adaptar as actividades ao grao de coñecemento das crianzas de cada aula.


Segundo se recolle no Decreto 330/2009 do 4 de xuño levaremos a cabo unha observación directa e sistemática que constituirá a técnica principal do proceso de avaliación. Nesta actividade utilizaremos como instrumento de avaliación, a observación e o diario de aula, no cal teremos en conta estes criterios de avaliación:


  • Identifica os animais

  • Recoñece os diferentes animais.

  • Conta os diferentes animais 

  • Emparella os animais

  • Memoriza as diferentes imaxes para emparellalas

  • Recoñece as diferentes grafías

  • Relaciona as grafías co reconto dos animais nas imaxes

  • Identifica os diferentes sons dos animais


Esperamos que vos guste este recurso e esta Unidade Didáctica, tanto coma nos!

Biquiños e apertas! Vémonos na aula!

As mestras de Infantil


waving with forest critters