sábado, 3 de outubro de 2020

Un anaquiño sobre min...

Ola, o meu nome é Cristina Doval Maneiro e son mestra en Educación Infantil graduada pola Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, na Uvigo, no campus de Pontevedra.

Ademais son Educadora Infantil graduada no CIFP A Xunqueira, en Pontevedra; e Monitora de Tempo Libre, e xunta dúas profesoras máis, imos levar a cabo este blog centrado no Courel.

Neste post contareivos máis sobre min, sigamos investigando!

Para comezar, vivo nun pobo chamado Cambados, situado na provincia de Pontevedra, en Galicia; un pobo onde temos o privilexio de ter praias, natureza, sendeiros e un milleiro de cousas fermosas.

Quérovos contar que son unha persoa alegre, responsable, xenerosa e un pouco tímida, pero só nos primeiros días. Encántame a música e toco a pandeireta, a gaita e realizo baile tradicional na A. F. Valle Inclán, un grupo folclórico.

Son unha apaixonada do fútbol, gústame moito acudir aos estadios e ver os partidos, tanto femininos como masculinos. No meu tempo libre, gústame realizar doces, e se levan chocolate mellor, son moi larpeira!

Teño un canciño que se chama Eume e acompáñame sempre nos meus paseos polos sendeiros, onde observamos o río, as árbores,... un momento de relax e tranquilidade, onde podemos escoitar os paxariños cantar.

Relacionado cas TICs, a título persoal, penso que actualmente estáselle dando máis utilidade as tecnoloxías despois de sufrir está pandemia do COVID-19, xa que estamos a utilizar novas plataformas, dende as videochamadas para ver os familiares e amizades, ata para dar as clases on-line.

Referente a min, son unha persoa que está moi en contacto cas TICs, xa dende a ESO estívenme formando nelas. Os programas informáticos que máis utilizo son Word, PowerPoint, Canva, Movie Marker... As TICs están presentes no meu día a día, xa que creo moitos recursos, xogos e actividades para a cativada. Este ano ata realicei a miña propia axenda persoal!

Familias, nenos, nenas,...estade atentos que pronto descubriredes máis cousas!

Un biquiño😘

A profe Cris