Ola cativada e familias:
Hoxe traémosvos o noso e-portfolio interactivo, onde
clicando en cada sesión apareceravos unha imaxe de cada unha delas, así mesmo, a imaxe
de cada animaliño dirixiravos ao post correspondente no blog.
No centro do póster podedes visualizar a nosa nube de palabras, que son aquelas que traballamos ao longo deste trimestre.
A maiores o código QR da esquina da nosa dereita, levaravos a todos os enlaces das actividades realizadas durante este primeiro tramo de curso; vídeos, contos.. só tedes que escanealo!
Para rematar, tedes un Kahoot, que é un xogo
interactivo, no cal vos poñemos a proba sobre os traballos levados a cabo no curso... para acertar o maior número de respostas animámosvos a que vexades antes as actividades expostas no e-portafolio.
Esperemos que vos guste moito e que desfrutedes olleando as actividades, tanto como nós desfrutamos, tanto no proceso, como na realización delas.
Para acceder a el, só tedes que clicar na seguinte imaxe.
Un saúdo e apertas
As mestras de Educación Infantil