xoves, 19 de novembro de 2020

Chega o Nadal ó Courel

Bos días nenos, nenas e familias

Hoxe traémosvos outro recurso feito polas mestras. Acordádesvos do que vimos o anterior día?......O Stop Motion! Vedes como vos acordades, non dubidábamos de vós!

Pois para recordar os animaliños traballados durante este curso no cole e mediante este blog, traémosvos un contiño destes animaliños do Courel, de que tratará?

Agora o descubriredes pulsando no contiño que vos levará a unha historia chea de maxia con sabor a Nadal.


Familias, neste documento podedes ver a preparación previa que realizamos para este conto, así como os obxectivos e contidos que queremos levar a cabo a partir del.

Para unha mellor visualización pulsade na imaxe.



A realización deste recurso na aula, será a seguinte:

Primeiro proxectaremos o conto na Pizzarra Dixital Interactiva, onde a delegada ou delegado dese día, da clase, daralle ao botón de narración do conto, para poder escoitala mentres o vemos. Outro neno ou nena, neste caso, a axudante ou o axudante do delegado/a, pasará as páxinas do conto.

Unha vez rematado de escoitalo, traballaremos os contidos, mediante a asemblea na cal lles faremos preguntas sobre se a eles ou elas lles gustan as TICs, cales son as que máis usan, para que e como deberíamos utilizalas. Por outra banda, intentaremos sacar unha reflexión común acerca doutras maneiras de desfrutar do ocio e tempo libre sen necesidade das TIC’S.

Ao día seguinte, traballaremos o uso axeitado das novas tecnoloxías e do tempo que lle dedicamos e deberíamos dedicar mediante un mural que faremos de forma conxunta para ter na aula e poder visualizala sempre que o precisemos ou lles apeteza.

Por último, realizaremos conxuntamente toda a aula un tríptico no cal eles e elas debuxarán unhas instrucións sobre o uso axeitado das tecnoloxías, apoiado con enunciado que escribiremos as mestras, e cun apartado de preguntas que foron xurdindo na asemblea, para que llas poidan facer ás súas familias e que así esta aprendizaxe sexa para todos e todas, e non queden só na aula. se é máis divertido interactuar coas TICs ou xogar cos nosos amiguiños e amiguiñas, preguntándolle ao alumnado que lles pareceu, se é mellor estar vendo vídeos na tablet en vez de xogar cos compañeiros e compañeiras.

Por último, este libro, será adquirido en formato conto, grazas a aplicación que nos da esta opción, onde estará exposto no recuncho da biblioteca na aula.


Biquiños e apertas

As mestras de Infantil