luns, 2 de novembro de 2020

Setas e fungos do Courel

Bos días nenas, nenos e familias:

Como ben di o título hoxe traémosvos unhas propostas de actividades sobre as setas e fungos do Courel. Unha actividade que tivo moi boa acollida na aula e que nos dou para moito.

Para comezar queremos poñervos en situación, estas actividades teñen un traballo anterior en aula, manipulando distintas setas e fungos, buscando información sobre elas e experimentando.

Dito isto, imos a ensinarvos en que consistiron estas e en que nos baseamos para levalas a cabo.

Os obxectivos destas actividades son:

  • Recoñecer as distintas setas e fungos que traballamos en sesión anteriores.

  • Diferenciar as características visuais de cada seta e fungo.

  • Interiorizar conceptos de forma lúdica.

  • Participar de forma activa na actividade.

  • Estimular a concentración.

  • Agrupar as setas e fungos segundo distintos criterios

Os contidos destas actividades son:

  • Recoñecemento das distintas setas e fungos.

  • Diferenciación das características visuais das setas e fungos.

  • Participación nas actividades de forma activa

  • Estimulación da concentración

  • Agrupamento das setas e fungos segundo distintos criterios.

A metodoloxía das actividades presentadas a continuación están baseadas nas orientacións metodolóxicas do decreto 330/2009 onde o alumnado é o protagonista, respectando os seus ritmos individuais, a través de actividades globalizadas e con técnicas da gamificación, a partir dos aprendizaxes previos.

Esas actividades son as actividades que imos traballar na aula, pulsade nelas: 



Nesta primeira actividade o alumnado, despois dunhas sesións de traballo acerca dos fungos e setas do Courel e as súas características, deben agrupar as setas e fungos en ‘comestibles’ e ‘non comestibles’.



Esta segunda actividade, consiste en relacionar as imaxes de fungos e setas, que traballamos en sesións anteriores, en tamaño aumentado, coas imaxes en escala real.



O terceiro día, o alumnado nesta actividade, deberá emparellar as diferentes setas que fomos traballando en días anteriores. Despois de realizar a actividade, observaremos as características e curiosidades que teñen para atraer máis a atención na cativada.



Para culminar esta parte do proxecto, decidimos crear esta actividade, onde os nenos e nenas montarán os crebacabezas das diferentes setas traballadas ao longo destes días. Unha vez montado cada un, comentaremos entre todos e todas as diferentes características e curiosidades das setas e fungos, traballadas anteriormente na aula.

As áreas que imos a traballar, é a área do coñecemento do entorno, no cal nos centraremos nos bloques do medio físico e  aproximación á natureza, onde traballaremos os fungos e setas do Courel, as súas características e  propiedades.   

As competencias a traballar son o coñecemento e interacción co mundo físico pois comezan a interactuar coa contorna do Courel coñecendo e traballando os fungos e as setas e aprender a aprender pois a través desta actividade o alumnado colle conciencia das capacidades que ten para realizar por si mesmo as actividades e a lingüística xa que traballaremos actividades de forma oral.


Os recursos que empregaremos serán os seguintes:

  • Materiais: EDI (Encerado Dixital Interactivo), tablet ou ordenador.

  • Persoais: alumnado de 5 anos, corpo docente.

  • Espaciais: aula.

 

A temporalización durará 60 minutos tendo en conta a introdución á actividade, asemblea e dúbidas que poidan xurdir no momento da realización das actividades, tendo sempre en conta que o conxunto de actividades levarase a cabo nun período de 15 días.

 

Segundo se recolle no Decreto 330/2009 do 4 de xuño, avaliaranse os coñecementos adquiridos do alumnado nestas actividades, e a nosa práctica educativa, para futuras melloras, a través da observación directa e sistemática, que realizaremos na asemblea final e a través do diario de aula.


Para esta avaliación teremos en conta os seguintes criterios de avaliación:


  • Recoñece as distintas setas e fungos

  • Diferencia as características visuais de cada seta e fungo.

  • Interioriza conceptos de forma lúdica.

  • Participa de forma activa na actividade.

  • Estimula a concentración.

  • Agrupa as setas e fungos segundo distintos criterios



Esperemos que vos resultaran interesantes e teñades moitas gañas de realizar estas actividades.

As mestras de Infantil, Cris, Elena, Noe.

peacefully reading