martes, 6 de outubro de 2020

Saúdavos a mestra Noelia.


Bos días!! Hoxe ao teclado a terceira, e última, integrante deste blog enfocado no Courel e no segundo ciclo de Infantil. 

Son Noelia, son mestra de educación infantil, e como as miñas compañeiras, tamén me graduei na Universidade de Vigo, na facultade de Pontevedra. Ademais diso son Técnica en Educación Infantil e TASS.

Nesta entrada vouvos a contar un pouquiño de min para que poidamos crear unha relación máis cercana. Acompañádesme?

Son de A Estrada, unha vila situada a 20 minutos da capital de Galicia, Santiago de Compostela. Aínda que o certo é que os meus primeiros anos de vida paseinos en Suíza, na cidade de Lousanne. Creo que de aí venme o gusto polo inverno, o frío e a neve, xa que é unha cidade moi bonita pero na que é necesario abrigarse moi ben.

Outras das cousas polas que creo que me gusta tanto o frío é porque o relaciono co Nadal, e non hai festa que máis me guste ca esa. Sabedes por que? Porque creo que é unha época máxica na que pasamos tempo cos nosas familias e amizades, e tamén polos turróns que me gustan moito. Si, sonvos moi larpeira.

Ademais de gustarme o turrón, o frío e o Nadal disfruto moito paseando pola natureza co meu compañeiro peludo, Thor. Gústanos tanto que aproveitamos calquera momento para facer rutas polo monte e coñecer novos sitios.


A vós gústanvos os animais? E andar pola natureza?

Ademais de estas curiosidades sobre min, e xa que o medio de comunicación que imos a utilizar para relacionarnos con vós e este blog, creo que é bo que saibades como e cando comezou a miña relación coas Tic's (as Tecnoloxías da Información e Comunicación). Aínda que agora hai moitas e variadas, o meu primeiro contacto con elas foi cando me regalaron o meu primeiro móbil, e seguro que na vosa cabeza ese móbil tiña un montón de aplicacións ademais de internet.. pois todo o contrario. Cando eu comecei a ter móbil só servía para chamar e mandar mensaxes de texto, no tiña nin cámara!!! E non vos creades que fai tanto diso... O meu segundo contacto coas TICS debeuse a que necesitaba un ordenador para os traballos de clase, supoño que iso soaravos, e dende aquela somos inseparables, o malo é que aínda nos estamos coñecendo, e o bo é  que cada día descubro algo novo delas. 

Espero que esta publicación vos servira para coñecerme un pouco mellor.

Tedes un espazo abaixo para deixar os vosos comentarios e contarnos cousiñas, así nós tamén poderemos achegarnos un pouco máis a vós.

Vémonos pronto con moitas novas!!!

Unha aperta enorme.