venres, 27 de novembro de 2020

Iniciámonos na programación

Bos días nenos e nenas, familias e docentes:

Hoxe traémosvos unha proposta de aprendizaxe baseada na robótica, neste caso a actividade ímola a levar a cabo mediante Bee-Bot.


Os obxectivos que queremos acadar con esta actividade son:


  • Recoñecer os diferentes animais que viven no Courel.

  • Diferenciar os diversos conceptos relacionados coa lateralidade:  ‘dereita’, ‘esquerda’, ‘adiante’ e ‘atrás’.

  • Iniciar o alumnado no uso da programación robótica educativa.


Asemade os contidos que traballaremos a través desta actividade de Robótica son:


  • Recoñecemento dos diferentes animais que viven no Courel.

  • Diferenciación dos diversos conceptos relacionados coa lateralidade: ‘dereito’, ‘esquerdo’, ‘adiante, e ‘atrás’.

  • Iniciación do alumnado no uso da programación robótica educativa.


A metodoloxía que imos traballar mediante este recurso, será unha metodoloxía activa e participativa entre todos os nenos e nenas da aula de catro e cinco anos, onde traballaremos conxuntamente esta Unidade Didáctica, segundo o Decreto 330/2009 do 4 de xuño. 


A realización desta actividade será levada a cabo da seguinte maneira:


Comezaremos cunha asemblea na que lles introduciremos o concepto de robótica, preguntarémoslle se coñecen este recurso, e en que consiste. Unha vez realizada a parte da introdución, ensinarémoslle o noso robot, Beet-Bot, e explicarémoslles a actividade que imos a levar a cabo con el. Esta consiste en crear un percorrido, cunhas tarxetas que sacaremos ao azar, nas cales aparecen diversidade de animais, entre eles, os que habitan no Courel. Os nenos e nenas, deberán programar este Beet-Bot, establecendo o percorrido correcto, o cal só poderá ser no que aparecen os animais da Serra do Courel, para chegar a meta, onde alí lles esperará a mascota da aula, o oso Amoroso.


Levaremos a cabo varios percorridos para que haxa unha gran diversidade onde todos os nenos e nenas poidan participar, facendo eles e elas mesmas o seu propio camiño.



Segundo se recolle no Decreto 330/2009 do 4 de xuño levaremos a cabo unha observación directa e sistemática que constituirá a técnica principal do proceso de avaliación. Nesta actividade utilizaremos como instrumento de avaliación, a observación e o diario de aula, no cal teremos en conta estes criterios de avaliación:


  • Recoñece os diferentes animais que viven no Courel.

  • Diferencia os diversos conceptos relacionados coa lateralidade, ’dereita’, ‘esquerda’, ‘adiante’ e ‘atrás’.

  • Levouse a cabo con éxito a utilización do Beet-Bot na actividade proposta.


Por último queremos comentar que este recurso parécenos moi axeitado para traballar os obxectivos citados anteriormente, pois ao ser unha novidade na aula, os nenos e nenas séntense estimulados para a participación debido á forma en que se traballan os conceptos, neste caso de forma lúdica, introducíndoos na programación mediante a robótica educativa. Asemade fomenta o pensamento lóxico, a colaboración entre o alumnado e a resolución de problemas.

Esperamos que vós gustara moito esta actividade. Podedes deixarnos nos comentarios consellos e propostas sobre este tema.


Vémonos prontiño!!!!


As mestras de Educación Infantil